#OS/ASPEQUESNACASA
Achégovos varias fotiños do que estiveron a facer estes días Chloe, Sofía, Zeltia, Noa e Celtia!
Experimentación co fluído non newtoniano de Chloe e Sofia:
Coméntannos estas pequerrechiñas que funciona mellor a fariña de millo de maizena 😉.
Quedaron encantadas!
Zeltia tamén se animou co fluído e...
desfrutouno un montón tamén! Bravo Zeltia! 👏🏼👏🏼
Ademais, fixo proba coa de trigo e con esa comprobou que non funciona!
Pola súa parte, Celtia e Noa están a aprender moito cos experimentos sobre os gases!
Realizaron as manchas de cores tamén e os seus resultados foron moi distintos!
Outra das cousiñas que fixeron foi descubrir os xeroglíficos!
Fantástico peques! ☺️
Comentarios
Publicar un comentario