EXPERIMENTACIÓN
Comezamos a última semana deste curso escolar tan peculiar cun experimento moi doado que seguramente lles encante a estes pequerrechos/as polo seu efecto inmediato e atractivo. Os materias que precisaredes para levalo a cabo son os seguintes:
- Un recipiente transparente: vaso, tarro, botella, xerra...
- Auga
- Aceite
- Colorante alimentario
- Unha pastilla efervescente
Reunidos os materiais necesarios, os pasos a seguir son os seguintes:
Reunidos os materiais necesarios, os pasos a seguir son os seguintes:
PASO 1. Verter unha pouca auga no recipiente transparente elixido. Recoméndovos que a cantidade non sobre pase da metade.
PASO 2. Engadir unhas gotiñas de colorante ou témpera para tinguila auga. Con isto aportaredes cor ao experimento facéndoo visualmente máis atractivo para os/as peques.
Bo día a todos/as!
PASO 2. Engadir unhas gotiñas de colorante ou témpera para tinguila auga. Con isto aportaredes cor ao experimento facéndoo visualmente máis atractivo para os/as peques.
PASO 3. Incorporar ao recipiente o aceite. Canto máis aceite engadades, mellor se percibirá o fenómeno a observar. Despois, deixase repousar uns minutos ata que os dous líquidos se separen.
PASO 4. Botar a pastilla efervescente ao recipiente cos dous líquidos, os compoñentes da mesma xerará unha serie de burbullas de cor que ascenderán cara a superficie atravesando o aceite.
Podedes probar a realizalo tamén nun lugar a escuras colocando unha lanterna enfocando o líquido dende abaixo o que creará un ambiente moi relaxante e máxico.
Bo día a todos/as!
Comentarios
Publicar un comentario