EXPERIMENTACIÓN

Nesta semana, un experimento centrado no fenómeno de combustión moi doado que non vos levará máis de uns poucos minutos. Para levalo a cabo ides a precisar:
  • Un prato
  • Un vaso
  • Unha vela debe medir menos que o vaso que se vai usar.
  • Un chisqueiro ou calquera outro tipo de acendedor.
  • Auga
  • Colorante e culler (opcional)

Unha vez conseguidos os materiais necesarios, son 3 os pasos que os/as peques deben seguir:

1º PASO. Deben verter no prato unha pouquiña auga. Se decidides botar colorante, podedes aproveitar para tinguila auga da cor que o/a peque escolla ou, xa que nestas últimas semanas nos dedicamos moito a mesturar cores, poden crear a cor que lles apeteza. Botadas as gotiñas de colorante, coa axuda dunha culler deben remover ben e lograr a mestura desexada. 


2º PASO. O seguinte paso é o de introducir a vela no prato coa auga e acender a mesma. Se tendes un chisqueiro alongado, poden incluso facelo eles/as, coa axuda e supervisión sempre do adulto/a. Neste momento, ao estar ao descuberto, a vela atópase realizando a reacción de combustión, queimando osíxeno do aire.


3º PASO. Chega o momento de colocar o vaso na prato de tal xeito que a vela quede dentro do vaso e establecer hipóteses ao respecto. Acto seguido, compróbanse as hipóteses e anótanse resultados. 


Como vedes, a vela remata apagándose xa que o osíxeno que hai dentro do vaso para seguir realizando a combustión esgótase. Pola súa parte, o nivel de auga do vaso sube ao mesmo tempo que a do prato baixa. O motivo da entrada da auga no vaso débese a que os cambios de temperatura do vaso provoca tamén cambios na presión do aire, diminuíndo o nivel desta presión. Non obstante, a presión exterior do aire sigue a ser a mesma e polo tanto, maior que a de dentro do vaso, o que da lugar a que "empuxe" a auga cara dentro do mesmo. 

Feliz comezo de semana!

Comentarios