XEROGLÍFICOS
Para levar a cabo a proposta de hoxe precisades ter os ollos ben abertos e prestar moita atención á seguinte imaxe:
Preparados?
A proposta consiste en descifrar o que agochan as diferentes imaxes que vos achego a continuación, letra a letra, a modo de xeroglíficos, antigo sistema de escritura que inventaron as civilizacións maia e exipcia. Neste sistema, cada palabra estaba representada cunha figura, símbolo ou debuxo. Para facilitar o descubrimento das seguintes palabras, debedes ir consultando a imaxe anterior e ir vendo obxecto a obxecto, con que letra se relaciona. A medida que ides atopando unha letra, debedes ir escribindo a mesma nun papel para non esquecerse. Seguro que levades unha sorpresa ao ver do que se trata!
Imaxe 1
Imaxe 2
Imaxe 3
Imaxe 4
Imaxe 5
Imaxe 6
Imaxe 7
Imaxe 8
Imaxe 9
Doado, verdade?
Se o desexades, podedes configurar o voso propio alfabeto en xeroglíficos. Para iso, podedes usar:
- 27 anaquiños de papel
- 27 obxectos pequenos
- Un utensilio para escribir: lapis, rotulador...
Feliz martes!
Comentarios
Publicar un comentario