FLUÍDO NON NEWTONIANO

Rematamos a semana cunha proposta de manipulación e experimentación moi atractiva e divertida que consiste en elaborar o que se coñece como fluído non newtoniano. E, que é iso?

O fluído non newtoniano é aquel que non ten unha viscosidade definida pois ante a presión actúa como un sólido e sen ela compórtase como un líquido. A elaboración e experiencia con este fluído é moi interesante así como pringosa, polo que vos recomendo manipulalo nun lugar que vos sexa posteriormente cómodo de limpar. 

Para crear dito fluído precisaredes:
  • Unha bandexa ou recipiente
  • Fariña de millo
  • Auga


A súa elaboración é moi doada, só tedes que seguir os seguintes pasos como si dunha receta se tratara:

1º PASO. Engádese no recipiente escollido dúas medidas de fariña de millo. Podedes usar un medidor ou un recipiente que vos sirva de referencia para as cantidades.




2º PASO. Incorpórase unha medida de auga á fariña.


3º PASO. Remóvese ata crear unha masa moi espesa. Se a masa non é o suficientemente densa pódense modificar as proporcións e ir engadindo más fariña no caso de atoparse moi líquido. O fluído estará listo cando ao remover teña unha consistencia sólida e ao deixar de exercer presión derrámese como un líquido. 



Dado o comportamento deste fluído é interesante que probedes cos/as peques a observalo con e sen presión: apretándoo forte na man, soltándoo, dándolle golpiños fortes, probando a realizalos dun xeito máis suave e despacio... seguro que se sorprenderán!

Bo fin de semana!

Comentarios