PINTAR CON XEO
Seguimos cunha proposta artística moi apropiada para esta tempada na que a calor comeza a facerse notar. Con ela, ademais de seguir desenvolvendo o sentido artístico dos/as peques, favoreceremos a coordinación óculo-manual, a súa motricidade fina e fomentaremos a súa curiosidade. Nesta ocasión precisaredes:
- Colorante alimentario ou témpera
- Recipiente para facer xeo
- Auga
- Paus
- Papel branco
- Un recipiente como un prato (opcional)
O primeiro que deben facer os/as peques é botar unha pouquiña auga na cubiteira ou nos recipientes escollidos para facer o xeo.
Posteriormente, deben coller o colorante alimentario ou témpera e ir botando en cada un dos ocos da cubiteira ou nos diferentes recipientes. Canto máis lle engadan, máis forte será o trazo ao pintar. Recoméndovos que os/as deixedes investigar e que proben a mesturar as cores nos diferentes ocos, creando tantas cores como queiran.
Unha vez listas as cores, se queren e tendes, podedes introducir en cada oco paus. A finalidade do pau non é nada máis que facilitar o agarre posteriormente pero podedes prescindir dos mesmos se o desexades.
Chegados a este punto, comeza o momento artístico! Poden extraer os cubos de xeo e depositalos nun prato ou ben ir colléndoos directamente da cubiteira.
Outra opción totalmente complementaria moi interesante e divertida para facer cos cubos de xeo cando xa se comecen un pouquiño máis a derreter, pode ser a seguinte:
Simplemente se teñen que deixar levar, mesturar e desfrutar do proceso! Como vedes, toda unha experencia artística e refrescante á súa vez!
Comentarios
Publicar un comentario