MANCHAS DE CORES

A proposta  de hoxe ten como finalidade dar renda solta a imaxinación dos/as peques dándolle un sentido a algo que aparentemente non ten, como pode ser o caso dunha mancha de cor.

Trátase de pasar do abstracto, é dicir, de algo que non pretende representar unha realidade concreta, senón que atende a cuestións estéticas de forma, cor, son, movemento, proporción ou composición, ao figurativo, representación de formas ou figuras recoñecibles, tanto reais como imaxinarias. Nesta ocasión precisaredes:
  • Un folio
  • Témperas, acuarelas, colorante ou materiais que tinguen e que tedes nas casas para facer con eles manchas: viño tinto, remolacha, café, té, curri, salsa de tomate...
  • Un pincel
  • Lápis, carboncillo ou rotulador negro.
1º PASO.  Xerar varias manchas no mesmo papel, procurando que cada mancha toque a outra nalgún punto, realizando diferentes composicións.


2º PASO. Esperar a que sequen ben tódalas manchas.

3º PASO. Pensar, imaxinar e transformar as manchas nun elemento figurativo: obxecto, animal, personaxe real ou fantástico... a través dun grafismo mínimo, sen necesidade de usar moito o lápis, carboncillo ou rotulador negro. O xusto para que a forma adquira o sentido que se pretende.


Nesta paso, podedes axudarlles recolectando en conxunto diferentes ideas sobre o que vos suxire as manchas realizadas, xa que variará moito do que vexa cada un/ha sobre o papel. Para animalos a deixar voar libremente a súa imaxinación e que se aventuren a realizar diferentes suxestións sobre o que perciben no papel, podedes comezar realizando unha especie do xogo do Vexo, vexo do seguinte xeito:

Vexo, vexo
que ves?
Un rato con dous dentes (por exemplo)

O obxectivo do xogo non é outro que o de que se lancen a dicir a primeira idea que se lles ocorra ante a pregunta e de aí animalo/a a plasmalo no papel. 

4º PASO. Como vos artistas, non pode faltar poñerlle un título a obra, por suposto!

Feliz martes!






Comentarios