ESCARVADENTES
Hoxe amósovos varias ideas para realizar con escarvadentes (palillos). Polo tanto, para levalas a cabo só ides a precisar uns cantos escarvadentes e unha masiña para unilos, vale perfectamente plastilina ou masa de sal. Os/as que optedes pola masa de sal, recoméndovos unha vez elaborada a masa, facer con ela boliñas e metelas no forno uns minutiños a non máis de 100º para que adquiran consistencia pero que non cheguen a estar completamente secas para introducir os escarvadentes posteriormente. Deste xeito poderán crear estruturas máis sólidas e se o desexaran, deixalas secar de todo ao sol e conservar as pezas creadas.
1ª💡 LETRAS MÓBILES: Cos escarvadentes e a masa poderán crear as súas propias letras colocándoos de tal forma que o resultado sexa unha letra. Podedes animar aos/ás peques a compoñer os nomes máis significativos para el/ela: o seu propio, o da mamá e o do papá, o dos avós e avoas... tamén podedes darlle a opción de crear a palabra que máis desexe ou mesmo unha frase especial e de ánimo para os/as compis.
3ª💡 FORMAS XEOMÉTRICAS: e, como non, posto que a semana pasada levamos a cabo varias xogos con formas xeométricas, podedes darlle unha continuidade creándoas en forma plana como con volume.
Comentarios
Publicar un comentario