FORMAS XEOMÉTRICAS
Cando vos formulo unha proposta, idea, xogo... trato de pensar recursos que podedes ter pola casa tódalas familias. Son consciente de que o material necesario para a proposta de hoxe é probable que non o teñades posto que se trata dun material educativo moito máis específico. Non obstante, a preparación que require pola vosa parte non é moita e cun pouquiño de vontade e maña podedes facelo perfectamente nun momentiño.
Polo tanto, en primeiro lugar, precisaredes crear as catro formas xeométricas básicas: cadrado, rectángulo, triángulo e círculo. Podedes facelas recortando follas dunha revista, un folio de cor, un xornal... eu utilicei unha bolsa de cartón por exemplo. Para ser máis rápidos/as, podedes facer varios recortes dunha vez, superpoñendo as follas. Non se precisa unha determinada cantidade así que facede tantas como queirades, iso si, recoméndovos mínimo 5 de cada forma para que lles dea un pouco de xogo despois. Pensade que incluso poden participar na propia elaboración.
Que podemos facer con estas formas? Unha vez coas pezas ou, no seu defecto, cos seus recortes, podedes facer varios xogos diferentes. Recoméndovos falar un pouquiño delas primeiro: como son, cantos lados ten, se tódolos lados son iguais...
1. CREAR A FORMA. Ofrecéndolle un exemplar de cada modelo para que o intenten reproducir. Vale calquera tipo de material: botóns, tapóns, cordóns, flores, pasta... podedes proporcionarllo nunha cestiña ou recipiente.
1. CREAR A FORMA. Ofrecéndolle un exemplar de cada modelo para que o intenten reproducir. Vale calquera tipo de material: botóns, tapóns, cordóns, flores, pasta... podedes proporcionarllo nunha cestiña ou recipiente.
3. BUSCA DE OBXECTOS REAIS. Outra idea que poden levar a cabo é a de buscar pola c asa obxectos de cada unha das formas xeométricas.
4. SERIES. Aquí a cantidade de recortes é importante. Cantos máis recortes, series máis longas e máis diferentes poderán crear. Recordade as diferentes opcións con series que vos ofrecía nunha publicación anterior.
A ver se tendes máis sorte ca min e atopades máis cousiñas coa forma triangular 😅.
5. COMPOSICIÓNS XEOMÉTRICAS. Para os que víchedes o vídeo "Pequenos e pequenas Picassos", estou convencida de que esta actividade soaravos. Naquel momento, as creacións que levaron a cabo eran en parellas e tríos, polo que entraba en xogo a posta en común, o debate e o diálogo. Neste caso, podedes decidir si facelo conxunto ou individual. A actividade consiste en colocar as diversas pezas para crear diferentes composicións deixando voar a súa imaxinación.
Teño ganas de ver todas esas composicións! Seguro que me deixan coa boa aberta!
Preguntiña para despois de facer os xogos para os/as peques que queiran responder! Cal foi a vosa opción preferida? Deixádelle escribir aos/ás peques! Incluso poden poñer só o número. Os maiores podedes ofrecerlle unha axudiña por suposto! 😉
Comentarios
Publicar un comentario