XOGOS DE MÚSICA 1
Hoxe lánzovos unha proposta centrada no desenvolvemento do sentido do oído. Para levala a cabo, só ides a necesitar os sons que emita o seu propio corpo e obxectos que teñades pola casa con sons característicos e diferentes. A proposta, como veredes a vindeira semana, consta de catro xogos distintos, aínda que hoxe amósovos os dous primeiros e máis sinxeliños. Tódalas opcións de xogo pódense facer co corpo e cos obxectos que decidades empregar. Non obstante, é importante que comecen co propio corpo e que aproveiten as posibilidades sonoras que este ofrece e só unha vez experimentado coas mesmas, trasladar as ideas de xogo a outros obxectos cotiás.
Imos alá pois coas dúas opcións máis doadas e nas que poñerán en práctica a exploración e a identificación sonora:
1º Xogo de exploración. A diferencia do seguinte, este xogo será libre, no que deberán de explorar as diferentes posibilidades sonoras que emite o corpo e os obxectos. Co corpo poden probar como soa: tocalas palmas, chascalos dedos, probar cos pés, coas mans contra as pernas, os xemelgos, nos glúteos, na barriga, nos ombros, no peito, lanzando bicos ao aire, movendo os beizos, tocando as fazulas, asubiar... Cos obxectos pódese probar a percutilos coa man, na parte diante dianteira, na traseira, enriba, debaixo, facelos percutir entre eles. Un exemplo de obxectos:
2º Xogo de identificación. Para levar a cabo este xogo, o primeiro que se debe facer e escoitar como soa cada parte do corpo ou obxecto por separado para que os/as peques teñan claro como soa cada un. Unha vez comprobado os diferentes sons, tratarán de adiviñar que é o que está soando pero sen velo, só escoitándoo. Poderán simplemente pechar os ollos, xirarse ou usar un pano para cubrirse. Recoméndovos, usar poucos obxectos nun primeiro momento para os/as máis peques e ir introducindo máis a medida que vexades que levan a cabo unha correcta identificación.

Ámbolos dous xogos pódense facer perfectamente no mesmo día. Ademais, podedes aproveitar a proposta para poñer en marcha actividades de lectoescritura e de matemáticas, anotando o nome dos obxectos que empregedes e levando a cabo o conteo dos mesmos.
Para rematar ben animados a semana, comparto con vós a seguinte canción que vos dará moito xogo para cantar cos/as peques e acompañar con xestos!
DIME QUE FIXECHES - Migallas Teatro
A ver se sodes quen de recordar tódolos animais que saen nela! 😉
Comentarios
Publicar un comentario