BODEGÓNS SAUDABLES
O día de hoxe vai de bodegóns... pero non uns bodegóns calquera, uns bodegóns saudables! Na escola xa falamos algunha vez do que son os bodegóns. Non obstante, antes de comezar podedes recordarllo por se hai algún/ha despistadillo/a 😉.
Para levar a cabo esta proposta precisaremos froitas, hortalizas, verduras... que poidades ter pola casa para que compoñan o seu propio bodegón. Ademais dos alimentos poderán empregar calquera utensilio que teñades e que vos pareza interesante introducir: froiteiros, pratos, fontes... Podedes prepararlle previamente un espazo destinado a este fin cos materiais e alimentos e que eles/as mesmos/as sexan os/as que decidan, mentres van elaborando, cales usar ou descartar. Resulta interesante que lle resaltedes que a colocación dos materiais non é aleatoria e que teñen que buscarlle un sentido. Se algún/ha de vós tamén quere intentar facer o seu e acompañar aos/ás peques no seu proceso creativo, que non o dubide! Son moi adictivos! Eu xa fixen uns cantos...

O seguinte paso será o de intentar plasmalo no papel, fixándose en tódolos detalles. O ideal sería facelo con témpera ou acuarelas pero se non dispoñedes na casa, non vos preocupedes, con ceras tamén quedará fantástico! Antes de comezar, podedes analizar xuntos/as a colocación dos diferentes elementos e as cores a empregar. Despois deixádelle facer libremente, posto que é interesante ver a forma que teñen de reproducir o que ven sobre o papel.
E se queredes seguir ampliando máis a idea, podedes tamén:
- Escribir o nome dos alimentos e materiais usados.
- Contar os materiais e alimentos totais, cantos usaron, cantos descartou...
- Ordenar os alimentos por tamaños.
- Clasificalos por cores, formas e tamaños.
- Investigar sobre que parte da planta é a que comen de cada un dos alimentos: raíces, talos, froitas, follas...
- Formular preguntas relacionadas coa orientación espacial: que alimento está ao lado de...? que hai encima do froiteiro? que colocaches detrás de...?
Compártovos ademais unha ligazón que me resultou interesante sobre o tema. Nela atoparedes bodegóns de diferentes artistas para valorar e ofrecerlles unha puntuación segundo o gusto de cada un/unha (seguro que levarán unha grata sorpresa ao ver quen é o autor/a do bodegón máis valorado!). Ademais desta posibilidade, ofrece información relativa a cada pintor/a por se queren coñecer algo máis. Así mesmo, podedes facelos/las reflexionar un pouquiño sobre a igualdade reparando no número de bodegóns feitos por artistas femininos e masculinos: se observan algunha diferenza, que opinan... para acceder só tendes que clicar:
https://listas.20minutos.es/lista/pintores-de-bodegones-432768/
Déixovos un vídeo no que aparecen diferentes bodegóns de artistas nacionais por se queredes botar unha ollada:
E para rematar e comezar o día con alegría, compártovos unha canción moi pegadiza:
A HORTA DE BALBINA: María Fumaça
Algún/ha de vós contades con horta na casa ou na dos vosos avós ou avoas? Que se planta nela? Anímovos a que os/as peques escriban nos comentarios as súas respostas! Non vos esquezades de fotografar os bodegóns 😉.
Nos temos horta casa dos avós, coida dela o avó e o pai de Zeltia. Temos patacas de cedo e de tarde, cebolas, allos, cenorias, xudias, tomates, leituga, calabacín, brocolí, pementos, grelos, fabas, repolo, erbellos. Frutais que nos dan mazás, peras, ameixas e arándanos. Tamén botamos millo, cebada e berzas para os animáis que criamos (terneiros, porcos , galiñas e polos).
ResponderEliminarNoa e Celtia estos días andan a axudar a comenzar coa horta...xa temos sandías, berzas,xudias, en breve tocará espinacas, coles,pementos,leitugas,calabacín...xa mandaremos fotos...
ResponderEliminarCanta fartura!! :-)
ResponderEliminarSe rematou o confinamento cando sexa a hora de apañar as patacas apuntámonos!