XOGOS CON MÚSICA 2
Hoxe preséntovos a segunda parte dos xogos de música que vos comentaba o venres anterior. Se ben os dous primeiros xogos atopábanse máis orientados á exploración e á identificación de sons, os dous xogos que vos amoso nesta entrada centránse ademais no desenvolvemento da memoria e no seu ritmo musical. Recordade que tódalas opcións o podían facer co seu corpo e, unha vez experimentado con este, pasar aos obxectos que teñades pola casa e decidades empregar. Podedes ir cambiando estes obxectos os días que decidades levar a cabo esta proposta para ir aumentando así a súa exploración sonora e o desenvolvemento de tódalas capacidades que se poñen en práctica. Sen máis dilación, preséntovos os dous xogos que vos comento e para os que utilicei os mesmos obxectos que vos mostraba a semana pasada:
3º Xogo de memoria. Neste xogo, ademais de traballala identificación sonora, axudarémoslle a desenvolver a súa memoria auditiva. O xogo consiste en que o/a adulto/a se encargue de producir varios sons seguidos. Cantos máis sons, maior será a dificultade. Pola súa parte, os/as peques deberán estar moi atentos para logo intentar reproducir os sons emitidos. A dificultade estriba en que teñen que tocalos exactamente na mesma orde na que foron tocados inicialmente. Para aqueles/as que o dominen perfectamente, podedes incluso engadirlle un chisquiño de dificultade eliminando o sentido da vista e centrándose unicamente no oído a través dun pano, pechando os ollos... como ocorría no 2º xogo da semana pasada, pero antes debedes de asegurarvos de que identifican ben o son de tódolos obxectos.
4º Xogos con ritmo. Tendes varias opcións neste xogo: intentar reproducir un ritmo que lle indiquedes, crear o seu propio ritmo ou tratar de reproducir o de algunha canción. Recoméndovos ritmos lentos e moi sinxeliños para os/as peques e practicalo co corpo primeiro e con menos obxectos.

Déixovos un vídeo relativo a este último xogo, a canción titulase Walking to the Left:
Animádevos a probar! ☺️
Comentarios
Publicar un comentario