#OS/ASPEQUESNACASA
E hoxe compártovos unhas fotiños de Celtia e Noa facendo as súas series e experimentando! Se tendes pola casa pezas como as que nos ensinan, podedes aproveitalas de diversas formas: clasificando por cores, número de puntos... e incluso, atendendo ao nivel de cada un/unha por suposto, pequeniñas sumas como as que nos amosan!
Moi boa idea chicas! 🤩
Experimentando...!
Tremendo bico máis grande nos manda Celtia!
Noa, non nos enganas con esas gafas! Sabemos que es ti! 😉
Por outra lado, teño que dar a miña máis sincera noraboa a Xermán! Nótase que estivo máis atento ca min en canto ás posibles formas triangulares que podemos atopar na casa... ai ai ai... esta mestra... 😅
Moi ben feito! 👏🏼
Encantanme todas estas propostas e pasámolo xenial.
ResponderEliminar