#OS/ASPEQUESNACASA
Aquí vos deixo unhas fotiños que me chegaron de Sofía e Chloe sobre as letriñas do abecedario e levando a cabo o experimento das legumes!
Obxectos coa Q:
Obxectos coa R:
Momento legumes:
Comparto tamén con vos unhas fotiños de Celtia e Noa co seu super dominó casero e coas mans na masa, nunca mellor dito!
A masa que están a empregar chámase masa ou pasta de sal! Para os/as que non a coñezades é unha masa caseira para modelar que leva os seguintes ingredientes:
- 2 medidas de fariña
- 1 medida de sal fina
- 1 medida de auga.
- 2 medidas de fariña
- 1 medida de sal fina
- 1 medida de auga.
Para levar a cabo a súa preparación mestúrase a fariña e a sal e vértese a auga pouco a pouco. Vaise amasando ata que quede unha masa uniforme. Si se pega moito vaise agregando máis fariña e sal, e se pola contra, queda moi seca, podedes engadir máis auga.
Con esta masa podedes facer calquera tipo de figuras: un molde do tamaño da man ou do pe, colgantes, adornos... Tamén é útil para facer negativos de pezas a modo de fósiles, marcar a silueta de pequenas pezas como dinosauros ou sacar as pegadas de animais de xoguete.
Polo que me comentaba a súa mamá, antes de modelar deixárona repousar uns 30 minutiños. Eu sempre a empreguei directamente pero probarei de novo con ese tempo de espera! 😉 O que sobre, podedes gardalo na neveira ben pechadiño para usar outro día. Para conservar as creacións débese meter no forno a 100º durante uns minutos (o tempo dependerá do volume das pezas). Outra opción é deixalas secar ao sol aínda que a espera é moito maior. Unha vez secas pódense pintar. Animádevos a probar!
que ben!! cantas ideas!!
ResponderEliminarA ver si Xermán se anima ao vervos a todas tan entretidas. El prefire xogar todo o día, e di que nada de escribir, nen manualidades nin nada do que facía na escola, que o único que lle gustaría da escola son as apertas dxs compis... e claro.... a eso non lle vexo moito amaño :-o.
E tamén me pide cantar a canción do cabaliño trotón, eu non a sei... se alguén se anima a cantala... :-)
Apertas a todxs!!