BUSCA DE NÚMEROS
Para rematar a semana, propóñovos un pouquiño de investigación pola casa cuxa finalidade será a de facer aos/ás peques conscientes da funcionalidade e utilidade dos números no noso quefacer diario e, en concreto, no ámbito doméstico.
A proposta consiste en localizar nela, tódolos números dos aparellos que haxa, como por exemplo: no teléfono, no número da porta da casa, na caixa do correo, no forno, nos programadas da lavadora, no mando da televisión, no despertador...

A medida que van atopando números pola casa, en función do nivel de cada neno/a, deberán rexistrar nun folio, caderno, bloc de notas... o obxecto/aparello aos cales se corresponden ditos números e o lugar da casa no que os atoparon. Poden incluso tentar de elaborar un pequeniño mapa da casa e ir marcando os lugares ou tamén poden rexistralo mediante debuxos, fotos... calquera outro sistema que se vos poida ocorrer será igualmente válido.
Esta proposta non está pensada para levarse a cabo nun ratiño único, podendo completarse ao longo de diferentes días e, na medida que vaian atopando números novos dos que antes non se decataran, levar a cabo a súa anotación. Neste sentido, recoméndovos deixar a man do/da peque a folla, caderno, bloc... de rexistro e anotación para que volvan sobre ela cada vez que o precisen.

Ao rematar, poden expoñervos os seus descubrimentos e reflexionar conxuntamente sobre o que atoparon, deste modo, axudarédelos/as a tomar conciencia da gran cantidade de números que hai nos nosos fogares e nos diferentes aparellos/obxectos cotiás, na utilidade que teñen e da súa necesidade para o desenvolvemento correcto das diferentes tarefas, achegándose a eles dun xeito significativo e funcional.
Feliz fin de semana!
Feliz fin de semana!
Comentarios
Publicar un comentario