#OS/ASPEQUESNACASA

Celtia e Noa queren compartir con nós o maio que fixeron! Velaquí as dúas elaborándoo:



Vaia chulada! 🥰

Tamén se dedicaron a medir algunhas cousiñas da casa tales como: a súa man, un caderno, un lapis, unha escoba, a lavadora, a cheminea e, como vedes na imaxe, unha mesa! 


Moi ben feito nenas!

 Xermán tamén se animou co seu rescate de obxectos!



Quedáronlle ben agochadiños entre eses pellets pero non se resistiron a súa busca!
Fantástico Xermán! 👏🏼

Finalmente, comparto tamén hoxe, as fotos que nos achegaron Sofía e Chloe das acuarelas caseiras!



Unhas artistas estas nenas! 🤩 Quedaron sorprendidas polo uso do café!

Comentarios

  1. Que maio tan feito! e que morriña do ano pasado :-) O ben que o pasamos!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario