ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
Segundo o establecido na Resolución do 5 de maio de 2020, restablécese o prazo de presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
A presentación poderase facer:
-De xeito telemático, con certificado dixital ou chave 365 a través do portal admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/).
-De xeito presencial. Dada a situación actual na que nos atopamos, para a entrega presencial da solicitude e documentación será necesario concertar cita previa a través do correo electrónico eei.larindearriba@edu.xunta.es, ou no número de teléfono 981606212, en horario de 10:00 a 13:00. Para presentar a solicitude presencialmente, existen dúas opcións:
- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.
Ligazón para descarga de solicitude en galego:
Ligazón para descarga de solicitude en castelán:
Xunto coa solicitude deberá presentarse fotocopia do DNI do alumno/a, fotocopia do libro de familia ou outro documento acreditativo da idade do mesmo/a.
A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria postestade ou representación legais. No caso de separación ou divorcio, será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia da resolución xudicial correspondente.
De acudir ao centro, lembrar a importancia de cumprir coas medidas de hixiene e seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias.
Para máis información: ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021
Para máis información: ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021
Todo esto refirese a alumnado novo que queira cursar o curso 20/21 na nosa escola, e decir , de matriculación nova. As matrículas do alumnado actual renovanse automáticamente. Ou os que pasan de E.I a E. P tamén teñen que realizar este trámite...son moitas preguntas pero quedo máis tranquila si los aclaras máis este aviso.
ResponderEliminarMil grazas