RESCATE DE OBXECTOS

A proposta de hoxe esixe un chisquiño de preparación previa. Non obstante, é algo sinxelo de facer e pódese volver a usar as veces que o/a peque o desexe introducindo pequenas variacións de tal modo que lle saquedes o máximo proveito. Será fantástica para favorecer o desenvolvemento da psicomotricidade fina, a coordinación óculo - manual e a súa concentración. 

Para comezar precisaredes do seguinte material: unha caixa, cesta ou calquera recipiente cun pouco de fondo; cordón, corda, la, lazos ou algo similar; unha tesoira e unha cinta adhesiva. O uso da cinta adhesiva é opcional xa que podedes proceder de dúas maneiras diferentes: pegando o cordón, corda, lá ou similar ao recipiente ou facendo diversos buratiños nos catro lados do recipiente para introducir o cordón. En calquera das opcións, o/a peque pode axudarvos na súa elaboración: pegando o cordel, ensartando o cordón...


A idea é a de introducir o cordón dando varias voltas para crear unha serie de cruces (cantos máis cruces, maior será a difícultade). O resultado sería algo así:


Unha vez feito, precisaredes unha pinza ou algo similar (vale mesmo a da roupa), escoller algún material para verter no fondo da vosa caixa (legumes, pan raiado, fariña, pan raiado, papeliños pequenos...) e obxectos de tamaño pequeno. Podedes solicitar o/a peque que sexa el/ela mesmo o que busque os obxectos pequenos cos que desexe levar a cabo o xogo. Pódeselle facilitar, así mesmo, un recipiente máis pequeno para que vaia gardando as súas buscas. 


O seguinte paso será o de verter todo o material dentro da caixa a excepción da pinza. O xogo consistirá en retirar os obxectos escollidos entre o cordón coa mán, si son moi pequeniños, e coa pinza, si son maiores. 


VARIANTE: O adulto pode encargarse de buscar varios obxectos para escondelos dentro da caixa co material escollido para o fondo da mesma. Non obstante, nesta ocasión, os nenos/as non levarán a cabo a retirada de tódolos obxectos, senón que só se ocupara de retirar os obxectos que o adulto lle indique. Deste xeito, deberá centrar a súa atención unicamente naqueles indispensables e rexeitar aqueles outros que non forman parte da busca. 

Outras cousiñas que podedes realizar a modo de ampliación da proposta atendendo á demanda de cada neno/a son as seguintes:
- Anotar os nomes dos obxectos ou debuxalos segundo o nivel de escritura
- Realizar un conteo dos mesmos
- Pasar as palabras de singular a plural
- Engadirlle a cada substantivo un adxectivo 
- Facer unha frase con cada un dos obxectos
- Crear unha pequena historia introducindo un número determinado de obxectos...

Feliz xoves! 



Comentarios