LETRAS GALEGAS
Este domingo terá lugar o Día das Letras Galegas, día da exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria, adicado este ano a Ricardo Carballo Calero. Non obstante, a raíz da situación actual queda posposta a súa conmemoración para o vindeiro mes de outubro. Con todo, as propostas de hoxe atópanse orientadas a dar visibilidade a moitas das palabras galegas que se atopan un pouco no noso esquecemento. A ver que vos parecen!
Busca de palabras ocultas: a miúdo cando falamos na nosa lingua adoitamos a empregar algún que outro castelanismo, é dicir, palabras que adoptamos do castelán como se nos foran propias. Neste sentido, propóñovos investigar cos/cas peques que obxectos, plantas, animais... temos nas nosas casas (ou fóra delas) que se tenden a nomear en castelán en lugar de empregar a palabra galega. Poden facer unha listaxe dos mesmos, debuxalos ou incluso fotografalos. Estou convencida que esta última opción lles fará moita ilusión a máis de un/ha, polo que non dubidedes en poñer nas súas mans unha cámara ou teléfono móbil! Déixovos un exemplo desas palabras esquecidas:
Na cociña hai moitos máis, só precisades abrir ben ollos 👀.
O uso destas palabras atópase tan xeneralizado que nos esquecemos do fermosas que soan tamén na nosa lingua. Con relación a isto último, formúlovos a seguinte proposta.
Palabra favorita: despois da investigación, toca sacar a parte máis creativa! Para iso, en primeiro lugar, hai que pensar unha palabra que lles guste moito aos/ás peques en galego, polo seu significado, polos recordos que lle trae... e recreala con obxectos de uso cotiá, flores, alimentos, materiais de refugallo... con calquera cousiña que se lles ocorra! Non pasa nada se a din en castelán, sempre a podedes traducir ao galego.
Cales serán as vosas? Animádevos a recrealas!
Se tedes un dicionario na casa, podedes aproveitalo para localizalas e buscar o seu significado.
Se tedes un dicionario na casa, podedes aproveitalo para localizalas e buscar o seu significado.
E para entrar en fin de semana cun pouquiño de ritmo, compártovos esta canción de Magín Blanco, "Eu falo así", coa que fai unha homenaxe ás linguas e a súa diversidade.
Bo fin de semana!
Comentarios
Publicar un comentario