#OS/ASPEQUESNACASA

Máis pesca de tapóns pero esta vez por parte de Celtia e Noa, as cales aproveitaron o bo tempo para pasar un momento moi fresquiño!



Moi apetecible esta nova versión da proposta! Fantástico chicas! 🥰

Seguimos un pouquiño coas palabras favoritas en galego e coa busca das palabras esquecidas. Aquí nos amosa Zeltia a palabra favorita dela e da súa familia! 


E velaquí unha mostra do que atopou pola casiña:


Que vos parecen? Encántame a palabra cueiro. Xenial Zeltia! 🥰

Sofía e Chloe tamén compuxeron a súas palabras favoritas: a de Sofía é arco da vella e a de Chloe... estade ben atentos as seguintes fotos para adiviñalo 👀.


Estas dúas pequerrechas tamén buscaron moitas palabras ocultas pola casa.

 Lechuga : Leituga

Guisantes: chícharos - Fresas: amorodos

Gafas: lentes - Columpio: randeeira

Coñecíades esta última? Para min foi todo un descubrimento.

Tanta busca levounas a atopar un niño de andoriñas!


Fantástico peques! 👏🏼👏🏼

Comentarios