PAPIROFLEXIA

E hoxe un pouquiño de papiroflexia. Como ben sabedes, a papiroflexia  trátase dun conxunto de técnicas que permite realizar figuras en papel dobrándoo, sen realizar cortes nin usar pegamento. Trátase dunha actividade que poden realizar tanto os/as adultos/as como os/as máis pequenos/as. As vantaxes que ofrece son variadas, podendo sinalar entre elas as seguintes:
  • Desenvolver a destreza manual e coordinación óculo-manual.
  • Fomentar a paciencia e a constancia
  • Estimular a concentración visual e mellorar a memoria
  • Desenvolver a imaxinación a través de creacións propias
  • Traballar a constancia e a paciencia
  • Fomentar a autoestima mediante a consecución dos seus logros
  • Canalizar o estres, xa que pode converterse nun bo pasatempo
Que material ides a precisar desta vez? Un par de folios e moita concentración! Tamén podedes usar follas de revista ou calquera outro tipo de papel que se vos ocorra e darlle un segundo uso.

As figuras que vos propoño son moi comúns e seguro que algunha vez as fixéchedes. A primeira delas será un pouquiño máis doada que a segunda. Non obstante, nos seguitnes vídeos amósovos cada un dos pasos a seguir para cada unha delas:

Figura 1

Figura 2

É importante que os/as peques participen ao máximo na súa elaboración, aínda naquelas partes máis difíciles ao igual que vos suxería no xogo do comecocos. A persoa adulta poderá axudar ao/á peque e guialo nos pasos pero sempre deixándolle autonomía.

Despois de realizalos, poden darlle un toque de cor a través de diferentes materiais: ceras, rotuladores, témpera... calquera cousiña é válida para decorar. 


Unha vez decorados xa están listos para usar, poden xogar libremente ou seguir aproveitando a proposta para:
  • Poñerlle un nome personalizado a cada unha das figuras
  • Lanzar o avión e ver onde chega
  • Marcar os lugares a onde chega colocando un obxecto no seu sitio, facendo unha marca no chan... e comparando as distancias.
  • Botar o barco na bañeira, nun barreño... e ver se aguanta flotando. 
  • Soprarlle cunha palliña para facelo navegar...
Feliz xoves!

Comentarios